O clásico Solitario chega a Android e iOS

xoves, 24 de novembro do 2016 Marcus Fernández

O célebre Solitario de Windows cumpriu o ano pasado 25 anos, confirmándose como un dos xogos máis coñecidos a nivel mundial, pero que limitábase a dispositivos e equipos con Windows, pero finalmente Microsoft decidiu non limitar a distribución do seu xogo aos seus sistemas operativos e vén de estrear o xogo Microsoft Solitaire Collection na App Store e en Google Play, de xeito que smartphones e tabletas con iOS e Android poden gozar do solitario en varias modalidades (Klondike, Spider, FreeCell, TriPeaks e Pyramid) e contando tamén con desafíos diarios, animando así a competir cos amigos a este título integrado en Xbox LIVE.
Temos así que o xogo para PC máis xogado de todos os tempos pode gozarse agora en mobilidade por un número de usuarios moi superior. Cómpre destacar que esta aplicación para iOS e Android, pese a ser de balde, conta coa posibilidade de pagar unha cantidade mensual para poder gozar do seu modo Premium que carece de publicidade (ofrecéndose o primeiro mes de balde como oferta de lanzamento do xogo).

PUBLICIDADE