O comunicador de Star Trek faise realidade

martes, 7 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O ano que vén celebrarase o 50º aniversario da serie de televisión orixinal de Star Trek, o como xeito de cumprir un dos soños de moitos dos seus seareiros, en xaneiro porán á venda unha réplica do comunicador da serie que funcionará como mans libres Bluetooth, de xeito que poderían empregarse durante chamadas telefónicas, o que resulta especialmente atinado xa que este trebellos de ficción están considerados como fonte de inspiración dos teléfonos móbiles.
Este curioso accesorio de coleccionista desvelouse hoxe dentro da Comic-Con de San Diego, e consiste nun dispositivo de 22 x 13,9 x 4,8 centímetros que replica con grande precisión os comunicadores empregados durante a gravación da serie (que escaneáronse en 3D mediante láser), que pode cargarse sen fíos mediante o seu soporte, e que incluso integra sons e voces do universo de Star Trek para convertelo nun dispositivo máis atractivo para afeccionados á obra de Gene Roddenberry. Aparte de empregalo como mans libres, tamén é compatible para a reprodución musical.
O comunicador inclúe unha funda de viaxe de grande calidade, e está xa dispoñible para a súa reserva a través da tenda en liña oficial de Star Trek a un prezo de 149,95 dólares mentres que tendas europeas como Firebox tamén está a aceptar reservas a un prezo de 169,49 euros, dando a entender que estamos ante un obxecto de colección que vai gozar dun elevado valor de mercado (especialmente pola súa previsible alta demanda).

O soporte do comunicador serve tamén de cargador sen fíos

PUBLICIDADE