O dominio .gal celebra o DÃa de Galicia cunha promoción de verán
luns, 20 de xullo do 2015
Hai cousa dun ano estabamos a celebrar a posta en
funcionamento de preto dun cento
de páxinas web que a xeito de pioneiras estreaban o seu dominio .gal, e
para continuar a promoción do domino galego na Internet e celebrar o DÃa de Galicia,
inÃciase unha promoción dende hoxe e ata o 20 de outubro a través da que será
posible que institucións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e particulares
poidan contratar un dominio .gal a un prezo máximo de 40 euros + IVE.
Esta promoción de verán do .gal
está dispoñible a través dun número limitado de axentes rexistradores
(Dinahosting, Entorno Digital, Soluciones Corporativas IP, CDMon, Host Europe
Iberia, Arsys, OVH.com, 101Domain e 1&1 Internet) con cadansúas condicións
de servizo e prezos que se sitúan entre os 35,95 e os 40 euros + IVE.
Durante os vindeiros dÃas a Asociación PuntoGal tamén dará conta desta
iniciativa para promover o uso do dominio .gal para que a sociedade galega
poida gozar dun espazo propio na Rede, e gañar asà en visibilidade como
comunidade lingüÃstica e cultural a nivel global.
