O .gal xa figura entre os candidatos a novos dominios de Internet
mércores, 13 de xuño do 2012
ICANN celebrou hoxe en Londres un evento coñecido como Reveal Day destinado a dar a coñecer as
candidaturas presentadas dentro do programa de novos dominios xenéricos de
Internet de primeiro nivel (gTLD) e resolver numerosas dúbidas sobre o proceso
que suporá un dos maiores cambios na historia da Internet.
Xa é
posible consultar as 1.930 candidaturas a novos dominios, das que 116
corresponden a dominios internacionalizados (con carácteres non occidentais
como o árabe, o cirÃlico ou o chinés), 84 dominios comunitarios e 66 dominios
xeográficos (existindo algunhas interseccións entre estas categorÃas) e con
algúns dominios con múltiples aspirantes para a súa xestión, entre os que
destacan .app (13 aspirantes), .home (11), .inc (11), .art (10), .blog (9),
.book (9), .llc (9) e .shop (9).
Candidaturas moi variadas
- Distribución xeográfica das candidaturas a novos gTLD
As candidaturas españolas son bastante diversas, de xeito que temos propostas
empresariais como .telefonica, .terra,
.zara, .bbva, .lacaixa, .mango, .movistar, .seat e .sener; rexións como .barcelona,
.bcn, .catalonia e .madrid; e dominios sociolingüÃsticos como o .eus e o .gal.
A nivel internacional podemos atopar compañÃas que presentaron numerosas
candidaturas: Microsoft (.azure, .bing, .docs, .hotmail, .live, .microsoft,
.office, .skydrive, .skype, .windows, .xbox), Amazon (.app, .audible, .author,
.aws, .book, .bot, .box, .buy, .call, .circle, .cloud, .coupon, .deal, .dev,
.drive, .fast, .fire, .free, .game, .got, group, .hot, .imdb, .jot, .joy, kids,
kindle, .like, mail, .map, .mobile, .moi, .movie, .music, .news, .now, .pay,
.pin, .play, .prime, .read, .room, .safe, .save, .search, .secure, .shop,
.show, .silk, smile, .song, .spot, .store, .talk, .tunes, .tushu, .video, wanggou,
.wow, .yamaxun, .you, .zappos, .zero, .amazon e numerosas versión
internacionalizadas desta última palabra) e Google (preto dun cento de dominios xunto con .google e os seus equivalentes en chinés e xaponés). Mentres que Yahoo (.yahoo, .flickr) ou Apple (.apple)
foron moito máis modestas. En boa medida sorprende ver que numerosas compañÃas
buscasen rexistrar as súas marcas como dominios de primeiro nivel, pois se o
único que buscaban era protexer os seus intereses, poderÃan facelo opóndose a
quen usurpase as súas marcas rexistradas, non tendo moito sentido ter que
administrar un gTLD de non facerse un uso activo do mesmo.
- Dende ICANN responderon a numerosas dúbidas sobre o proceso que chegaron tanto en persoa como por vÃa telemática
De feito, durante a rolda de prensa de anuncio das candidaturas dende ICANN
quixeron deixar claro que o proceso de aceptación de novos dominios de Internet
de primeiro nivel non ten nada que ver co rexistro ou a resolución de conflitos
relativos a dominios de segundo nivel, de aà que esteamos ante un procedemento
moi complexo e con numerosas fases.
Moitos meses por diante
En
xullo comezará a avaliación das candidaturas, analizándose se un dominio é
demasiado semellante a outro, se cumpre cos requisitos técnicos e se
corresponde cun nome xeográfico. Tamén comprobarase que os aspirantes están
capacitados técnica, operativa e financieiramente para xestionar un dominio de
primeiro nivel, e no caso de que as propostas inclúan algún servizo de
rexistro, analizarase se poden causar algunha inestabilidade no sistema de DNS.
A avaliación inicial rematará entre decembro e xaneiro, dando comezo a unha
nova fase do proceso no que os dominios que non resultasen problemáticos (como deberÃa de acontecer co .gal) principiarÃan
a súa fase de pre-delegación, para poder entrar a operar nos seguintes meses. O
resto do caso poderÃan pasar a un proceso de avaliación estendido e, no caso de
existir varios candidatos para un mesmo dominio, tamén comezará o proceso de
selección do operador máis axeitado.
De todos os xeitos, a axenda de ICANN para a creación dos novos gTLD é só
estimada, polo que non serÃan de sorprender os adiamentos, como xa aconteceu
coa fase de presentación de candidaturas (que veuse conxelada temporalmente por
mor de problemas técnicos).