O iPhone conta cun intento de dicionario de galego

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Dende Chuza! comentan hoxe a existencia dunha aplicación para o iPhone chamada Galego e que está á venda a través da App Store por 1,59 euros e que anúnciase coma unha ferramenta que facilita a consulta de termos e a busca do seu significado no «Diccionario de Real Academia da Lingua Galega» o que claramente resulta moi representativo da inutilidade desta aplicación, xa que está desenvolvida sen ningún rigor (conta cun número de entradas bastante limitado e non emprega a normativa do galego RAG aprobada en 2003 como queda claro ao chamar diccionario ao dicionario) e o feito de que precise conexión á Internet para funcionar parece desvelar que realmente trátase dun front-end para acceder ao dicionario en liña que hai na páxina web de Educación (que fai uso da norma da RAG de 1997).
Advertimos así que esta aplicación é un dicionario limitado e obsoleto, aínda que abre a porta á posibilidade de que nun futuro poidamos ver un dicionario de galego completo para iPhone/iPod Touch ou outros dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE