O iPod cumpre 15 anos

luns, 24 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Tras a volta de Steve Jobs á dirección de Apple a finais dos anos 90 a compañía da mazá comezou a coller pulo e a ser rendible economicamente pero, curiosamente, non serían os seus equipos informáticos os que marcarían o novo rumbo, senón o lanzamento en 2001 dun reprodutor musical chamado iPad, que onte cumpriu 15 anos e que, curiosamente, dende Apple parecen ter esquecido, xa que é un produto que pasou a ser irrelevante tras a emerxencia dos smarthpones.

Fotografía de Chris Harrison de distintos modelos de iPod

O iPod foi un éxito difícil de predicir, xa que inicialmente o trebello só era compatible con ordenadores de Apple e tiña un prezo moi elevado, pero pouco a pouco foi flexibilizándose tanto a nivel de software como de hardware, chegando en diferentes modelos que se adaptaban a numerosos perfís de usuario, converténdose nun referente no mercado pese a non ser un produto pioneiro (tres anos antes do lanzamento do iPod xa eran bastante popular o reprodutor portátil RioPMP300), aínda que si incorporou elementos innovadores no seu momento como a click wheel que facilitaba o control antes da chegada das pantallas táctiles.
De todos os xeitos, a revolución de Apple non mundo da música non estivo especificamente no iPod, senón na iTunes Store, lanzada en 2003, e que conseguiu convencer á industria musical da venda de cancións de xeito independente en formato dixital, fuxindo do tradicional álbum, o que causou unha importante disrupción (especialmente a nivel de prezo) só comparable á que logo suporían servizos como Spotify (que abandonan a descarga musical en favor do streaming).

PUBLICIDADE