O investigador Roberto Bande gaña o primeiro premio do blog La Riqueza de las Regiones da AECR

martes, 25 de novembro do 2014 Redacción

O investigador da USC Roberto Bande Ramudo

A Asociación Española de Ciencia Rexional (AECR) recoñeceu o investigador do Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME) do IDEGA Roberto Bande Ramudo co premio á mellor entrada no blog La Riqueza de las Regiones neste ano 2014. O fallo fíxose público no marco da XL Reunión de Estudios Regionales celebrada en Zaragoza os días 21 e 22 de novembro.
La Riqueza de las Regiones é un blog promovido pola AECR para facilitar a difusión da investigación en Ciencia Rexional. Na súa curta traxectoria, de menos dun ano de vida, converteuse no de maior número de visitas de todos os publicados polo grupo de comunicación Vocento, cun amplo impacto non só en España senón tamén en América latina.
A entrada premiada, ¿Por qué existe un patrón espacial Norte-Sur en el desempleo español?, publicouse orixinalmente o 22 de outubro de 2014 e nela preséntanse as liñas xerais e principais conclusións de diversos traballos sobre o patrón espacial do desemprego nas Comunidades Autónomas españolas realizados por Roberto Bande en colaboración con outros membros do grupo GAME e doutras universidades españolas e estranxeiras.
O xurado do premio tivo en consideración a calidade e relevancia da investigación recollida na entrada así como o seu impacto, medido tanto polo número de visitas e comentarios a ela asociados como pola repercusión da entrada en diferentes medios de comunicación.

PUBLICIDADE