O mes que vén veremos smartphones e tabletas con procesadores Snapdragon 810 e 4 Gb de RAM
luns, 24 de novembro do 2014
Para comezar a nova xeración de procesadores móbiles dende
Qualcomm crearon unha plataforma
baseada no seu novo procesador Qualcomm Snapdragon 810, que busca facer un
uso efectivo do seu procesador de 64 bits e 8 núcleos apoiado por unha gráfica
Adreno 430, de aà que esteamos ante un terminal que estarÃa equipado con 4 Gb
de RAM, deixando claras as aspiracións dos smartphones deste tipo, que polo
momento xa está confirmado que comezará
a comercializar Intrinsync a mediados de decembro a un prezo de 799 dólares,
compañÃa que paralelamente tamén porá á venda unha tableta
cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 pÃxeles por
999 dólares.
A plataforma baseada no Snapdragon 810 tamén conta con Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1,
32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámaras de 13 e 4
MpÃxeles, micro HDMI, micro USB 3.0, baterÃa de 3.020 mAh con soporte da
tecnoloxÃa de carga rápida de Qualcomm e, no caso dos smartphones, unha
pantalla de 6,17 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles.
Que estes procesadores de nova xeración conten con moita RAM e grande potencia
parece ser o xeito de poder mover con fluidez as pantallas de grande densidade
de pÃxeles tras as que buscan integrarse, de xeito que estarÃan sobradamente
dotados para poder manexar vÃdeo en 4K, e asegurando o seu fabricante que tamén
funcionarán coa última versión de Android (polo que entendemos que se estrearán
directamente con Lollipop).
- Intrinsync tamén comercializará tabletas co Qualcomm Snapdragon 810