O novo mando da Xbox One podería contar con toma para auriculares estándar

xoves, 28 de maio do 2015 Marcus Fernández

É de esperar que durante a celebración do E3 Microsoft, Sony e Nintendo presenten novidades para as súas consolas domésticas, pero no caso de Microsoft pode que unha das sorpresa se vise desvelada, xa que unha filtración na páxina de soporte de Xbox amosa un mando para a consola que contaría unha toma de auriculares de 3,5 milímetros, ou sexa, que os mandos de Xbox One comercializados a partires de xuño contarían cunha toma de mini-jack para poder empregar auriculares normais coa consola de videoxogos, en ter que precisar dun adaptador para por usar os nosos auriculares favoritas na Xbox One. Este accesorio ten un prezo de 22,99 euros e agora pasaría á historia, xa que non sería preciso co redeseño do mando.
Dado que aínda non se presentou, descoñécese se o mando terá máis modificacións, como o feito de permitir a carga da súa batería interna sen un accesorio externo, polo que haberá que agardar para coñecer os detalles desta novo gamepad de xeito oficial.

PUBLICIDADE