O novo xogo de LEGO Star Wars poderá mercarse nun lote coa PS4

mércores, 4 de maio do 2016 Marcus Fernández

Aproveitando que hoxe celebrouse informalmente o Día de Star Wars, dende Sony quixeron adiantar algúns detalles sobre o xogo LEGO Star Wars: El Despertar de la Fuerza, que chegará ás tendas o vindeiro 28 de xuño, e que non só poderá adquirirse de xeito independente e nunha versión de luxo que incluirá o acceso anticipado a un lote de personaxes de O Imperio Contraataca, senón que tamén porase á venda un apetitoso lote composto por unha consola PlayStation 4 cun disco duro de 1 TB, mando sen fíos DUALSHOCK 4, unha copia do xogo en formato físico e tamén unha copia do filme Star Wars: El Despertar de la Fuerza, polo que será unha compra ou agasallo moi ben recibido para os incondicionais da saga galáctica.

En xuño porase a venda de PS4 + xogo + película que agradará aos seareiros de Star Wars

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE