O novo xogo de Mad Max non chegará ás consolas da anterior xeración

mércores, 4 de marzo do 2015 Marcus Fernández

A revista Game Informer está a dar conta do xogo que ocupará a súa portada do seu número do mes de abril, que non será outro que Mad Max, o prometedor retorno aos videoxogos dunha franquía que non está presente nas consolas dende o título de NES publicado hai 25 anos, e que os suecos Avalanche Studios (desenvolvedores de Just Cause) preparan como un xogo de mundo aberto que leva xa uns anos anunciado, e que finalmente só terá versións para PC, Xbox One e PlayStation 4, quedando as entregas de Xbox 360 e PlayStation 3 no camiño.
Desbotar as versións do xogo para as consolas da anterior xeración supón soltar lastre, de xeito que o título final poderá gozar de mellores gráficos e efectos, así como dun mundo máis completo, do que en Game Informer adiantarán numerosos detalles ao longo de 12 páxinas dos seu vindeiro número. Como adianto de tal cobertura informativa temos o seguinte vídeo:


Curiosamente o xogo está previsto para o mes de setembro, a bastante distancia do filme que recuperará a franquía en maio.

PUBLICIDADE