O programa Viraxe TIC impulsará a creación de contidos dixitais en Galicia
venres, 29 de xullo do 2016
A AMTEGA, xunto co Clúster TIC de Galicia e o Clúster do
Audiovisual Galego (CLAG) formalizaron esta a mañá a posta en marcha de Viraxe
TIC, un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do
sector de contidos dixitais na Comunidade e que implica ao conxunto do
hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento
económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB galego e emprega a máis de 19.500 persoas.
O convenio asinado hoxe entre a directora da AMTEGA, Mar
Pereira, e os presidentes do Clústers tecnolóxico e audiovisual, Antonio
RodrÃguez, e Andrés Barbé, supón o punto de partida da primeira fase de Viraxe
TIC, a de identificación e definición de proxectos conxuntos entre empresas de ambos sectores no ámbito dos
contidos dixitais. Esta primeira etapa do programa conta cun orzamento de
300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola AMTEGA e o importe
restante por ambos Clústers.
1ª fase: análise de oportunidades, foros e servizo de apoio
A primeira fase de Viraxe TIC abrangue tres liñas de actuación: a análise
das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración
de foros de intercambio e networking entre o sector TIC e o audiovisual e a
prestación de servizos de asesoramento.
A elaboración dun estudo para identificar os principais
ámbitos de actuación ofrecerá unha detallada análise do panorama actual do
sector dos contidos dixitais ante as novas e as perspectivas do sector ante as
novas tendencias e os casos de
referencia.
O acordo contempla tamén a celebración de espazos abertos e
foros para a colaboración, o intercambio de coñecemento e o networking entre
axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais. En outubro celebrase un evento de posicionamento rexional de encontro entre todos
os axentes do ecosistema da innovación tecnolóxica en torno ao sector de
contidos dixitais, que permita promover e reforzar alianzas entre os axentes
locais e expertos de recoñecido prestixio no sector a nivel internacional.
A terceira liña de actuación é a posta en marcha dun servizo
de apoio e asesoramento para facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos
innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos
dixitais. O obxectivo é facilitarlles ás empresas de ambos sectores que desexen
abordar iniciativas conxuntas soporte para a análise da viabilidade técnica,
operativa, económica e comercial do proxecto e para a identificación de
referentes e casos de éxito.
2ª fase: liña de axudas de 3,7 millóns de euros
Nunha segunda fase, o Programa ViraxeTIC incentivará o
desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos identificados
na primeira parte do programa para impulsar a modernización e innovación
tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.
Con este obxectivo está previsto o lanzamento dunha liña de
axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de
proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos
dixitais no perÃodo 2017-2019.