O vindeiro xogo móbil de Rayman podería estar á altura dos títulos de consola

martes, 7 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Ubisoft anunciou hoxe que no outono Rayman volverá a smartphones e tabletas cun novo xogo, Rayman Adventures, no que o célebre heroe unirase á súa amiga viquinga Barbara a través de novos niveis cheos de inimigos na procura de Incrediballs, unhas criaturas moi curiosas que tamén nos axudarán a superar os distintos desafíos.
Pero o máis rechamante deste novo xogo para iOS e Android é que non se limitará a ser un auto-runner como Rayman: Jungle Run ou Rayman: Fiesta Run, senón que contará cun rango de movementos que permitirán explorar os distintos contornos cuns gráficos moi detallados que moveranse nuns fluídos 60 fotogramas por segundo, ou sexa, que estaremos ante un título máis próximo dos grandes xogos da franquía para consolas domésticas.
Como detalle curioso, Rayman Adventures tamén permitirá que os xogadores alimenten, toquen e creen música cos Incrediballs que xunten, e compitan cos amigos para ver quen consegue xuntar a máis destas criaturas.


Vídeo de presentación de Rayman Adventures

PUBLICIDADE