O xogo de cartas de Pokémon terá versión para iPad

luns, 18 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Que Nintendo non quere trasladar os seus grandes xogos a dispositivos móbiles para non eclipsar ás súas consolas portátiles é un feito innegable, pero iso non quere dicir que afaste as súas franquías estrela de smartphones e tablets, senón que aborda estes dispositivos dun xeito diferente e, por exemplo, sábese agora que os Pokémon terán xogo para iPad, xa que durante a celebración do Campionato Mundial en Washington DC puido verse o Pokémon Trading Card Game, que sería a translación do popular xogo de cartas ao tablet.
Cómpre destacar que este videoxogos en liña non é unha novidade, senón que xa existe, aínda que polo momento só para Windows e OS X, e grazas ao seu traslado ao iPad podería chegar a un público moi amplo mediante a fórmula do free-to-play, coa posibilidade de que os usuarios poidan importar as súas cartas físicas nos seus mazos dixitais.

PUBLICIDADE