Obama despídese da Casa Branca cunha visita en realidade virtual

venres, 13 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O presidente dos EE.UU., Barack H. Obama, está a despedirse do seu posto a través de moitas canles, entre as que non quixeron que faltase a realidade virtual, de aí que veñan de estrear un vídeo en 360 graos publicado en Facebook no que podemos ver ao presidente cesante falando da Casa Branca e achegando unha pequena visita por moitas das estancias históricas do edificio presidencia, como o Despacho Oval ou a Sala de Situacións.
Este vídeo envolvente de pouco máis de 8 minutos de duración é unha produción de Felix & Paul Studios, e non é máis que un adianto dunha produción que publicarase máis adiante e que distribuirán a través da Oculus Store para Gear VR levando por título The People’s House: Inside the White House with Barack and Michelle Obama.
A produción está patrocinada por Oculus Studios, e pretende chamar a atención para promover o achegamento do público á realidade virtual e ao vídeo en 360 graos, de xeito que se visualice que esta tecnoloxía serve para algo máis que videoxogos.

Obama xa colaborou con outra experiencia de Oculus Studios que permitía facer unha visita virtual polos parques nacionais dos EE.UU.

PUBLICIDADE