Obama volve á vida civil cunha nova páxina web

venres, 20 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Na xornada na que Donald Trump tomou posesión do seu cargo como presidente dos EE.UU. puidemos ver como o presidente saínte non quixo perder o tempo para deixar claro que non vai quedar pasivo, e lanzou co seu equipo unha nova páxina web baixo o dominio Obama.org, que será o espazo na Rede da Obama Foundation e actualmente achega un repaso á historia da administración Obama e da súa familia, cunha interesante mención á relación de Barack H. Obama coa tecnoloxía (sendo o primeiro presidente dos EE.UU. en amosar certa afinidade coa mesma).

Obama gravando unha GIF con David Karp, fundador de Tumblr

A Obama Foundation estará radicada en Chicago, dende onde lanzarán distintos programas sen ánimo de lucro para a cidade, o país e o mundo. A iniciativa preséntana en vídeo o propio matrimonio Obama, quen asegura que será «máis que unha biblioteca ou un museo», senón unha plataforma dirixida á cidadanía:

PUBLICIDADE