Ocean´s optimiza o seu catálogo de verán con novos e variados terminais

mércores, 23 de xullo do 2014 Redacción

A operadora galega Ocean´s non marcha nin moito menos de vacacións e vén de anunciar unha nova ampliación no seu catálogo de terminais móbiles para este verán no que xa estamos mergullados de cheo. As novas incorporacións para esta tempada, presentes xa na recentemente remodelada web da compañía, son varios dispositivos móbiles, un total de once, que abranguen dende o sinxelo e o nivel máis práctico de uso até o chanzo máis elevado de sofistificación e vangarda tecnolóxica.
Podemos acceder a eles co produto de converxencia Ocean´s ou ben combinalos con diferentes tarifas para particulares e empresas.
Segundo informa a operadora, as posibilidades son múltiples. Así, se somos seareiros da simplicidade e preferimos un teléfono sobrio que nos permita comunicarnos cos demais, sen renunciar á garantía que ofrece un primeiro fabricante, Ocean´s achéganos o novo Nokia X ou ben o Motorola Moto G, “un teléfono este último que salientou pola súa asombrosa relación calidade-prezo, converténdose na sensación da tempada”, explica a compañía galega. O catálogo compleméntase coa incorporación de aparellos de gama media, como por exemplo o Huawei Ascend P2, e con smartphones de gama alta, é o caso do Samsung Galaxy S5 e o Sony Xperia Z2.
Os once dispositivos que Ocean´s inclúe no seu catálogo son os seguintes: Huawei Ascend E530, Huawei Ascend P2, Samsung Galaxy Trend Plus, Samsung Galaxy Note 3 32GB, Samsung Galaxy S5, Sony Xperia Z2, Sony Xperia M2, Nokia X, Nokia Lumia 630, Motorola Moto G e LG G3 16GB.

PUBLICIDADE