Oppo prepara smartphones con pantallas sen marcos
martes, 24 de marzo do 2015
AÃnda que os fabricantes chineses teñan sona de copiar sen
cesar as tecnoloxÃas desenvolvidas por compañÃas occidentais, hai que recoñecer
que tamén saben innovar, e como mostra diso temos que están a verse imaxes na
Rede dun smartphone de Oppo que sorprenderÃa por practicamente carecer de
marcos ao redor da súa pantalla, o que responderÃa
a unha patente da compañÃa que conseguirÃa asà prescindir dos marcos sen
ter que apostar por unha solución tan cara como as pantallas curvas das que
está a presumir actualmente Samsung co seu Galaxy S6 Edge.
A solución de Oppo parece bastante intelixente, xa que nos laterais do panel
incluirÃa unha estrutura especial de luz dirixida, de xeito que terÃa un bordes
redondeados nos que se amosarÃa a imaxe do panel a xeito de proxección,
permitindo asà estender a imaxe á vez que se reduce o marco á mÃnima expresión
(permanecendo agochado).
A patente de Oppo presentouse o 19 de decembro pasado, e un
vÃdeo que apareceu na Rede danos a entender que xa se levou á práctica, e
que nos vindeiros meses poderemos ver smartphones de Oppo con esta elegante
tecnoloxÃa de pantallas sen marcos laterais.
- A patente presentada por Oppo amosa unha intelixente solución para agochar os marcos laterais da pantalla dun smartphone