Oppo presenta un smartphone con cámara xiratoria
martes, 24 de setembro do 2013
O fabricante chinés Oppo quere destacar polo seu deseño e innovación,
e como mostra diso ten unha nova familia de dispositivos N-Lens que principia o
Oppo N1, terminal de grande
pantalla, cámara xiratoria, panel táctil traseiro e elegante deseño que
pretende chegar ao mercado en capacidades de 16 e 32 Gb de almacenamento
interno a primeiros de decembro.
Este
móbil con Android 4.2 destaca pola súa cámara xiratoria (ata 206 graos) de
13 MpÃxeles, cunha apertura f2.0, flash LED con 2 modos (un normal e outro máis
difuso) e distintos modos de disparo (normal, panorámica, longa exposición...).
O Oppo N1 ten unha impresionante pantalla IPS de 5,9 polgadas Full HD,
procesador Qualcomm Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz, gráfica Adreno
320, 2 Gb de RAM, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0 e baterÃa de 3.610 mAh, que presenta
un grosor de só 9 milÃmetros e un peso de 213 gramos. Na súa parte traseira
presenta un panel táctil de 12 centÃmetros cadrados que busca facilitar o
control do móbil en certas situacións nas que non queremos que os nosos propios
dedos tapen a pantalla. Tamén aproveita o protocolo Bluetooth 4.0 de baixo
consumo para empregar un mando O-Click, que facilita a localización do
dispositivo e o control remoto da súa cámara.
Pero non conformes con presentar o primeiro smartphone con pantalla xiratoria,
dende Oppo tamén dan a nota ao anunciar que este móbil contará cunha
CyanogenMod Edition, ou sexa, que será o primeiro smartphone en comercializarse
con tal ROM de Android preinstalada de xeito oficial (pois Oppo e os
responsables de CyanogenMod veñen de pechar un acordo comercial).
- O corpo do móbil está construÃdo cun material cerámico que resulta agradable ao tacto e libre de pegadas