Ordes lanza nova aplicación municipal

luns, 23 de xaneiro do 2017 Redacción

O Concello de Ordes vén de lanzar oficialmente a súa nova aplicación móbil municipal. Segundo informou a equipa de Goberno ordense, trátase dunha ferramenta que salienta “pola súa funcionalidade e a súa facilidade de manexo”, e tamén “por un atractivo deseño visual baseado en fotografías de gran calidade”. Asemade, achega unha sección de incidencias onde os veciños poden comunicar calquera circunstancia que deba ser compartida cos equipos municipais, complementando estes avisos con fotografías e con información sobre os emprazamentos orixe das incidencias, co fin de facer máis doada a súa localización. O Concello de Ordes vén de lanzar oficialmente a súa nova aplicación móbil municipal. Segundo informou a equipa de Goberno ordense, trátase dunha ferramenta que salienta “pola súa funcionalidade e a súa facilidade de manexo”, e tamén “por un atractivo deseño visual baseado en fotografías de gran calidade”. Asemade, achega unha sección de incidencias onde os veciños poden comunicar calquera circunstancia que deba ser compartida cos equipos municipais, complementando estes avisos con fotografías e con información sobre os emprazamentos orixe das incidencias, co fin de facer máis doada a súa localización.
A app tamén posibilita o envío de consultas e a recepción de avisos por parte do Concello “mediante notificacións push”. Asemade, fornece información relacionada co municipio e as súas parroquias, subministra datos de actualidade sobre o concello a través da sección de novas e enlaza aos internautas directamente con Radio Ordes en directo.
Na sección turística subminístrase información sobre hostalería, restauración e puntos de interese (roteiros, cultura, celebracións) para visitantes e veciñanza.. A axenda da aplicación permite consultar todos os actos e citas importantes de diversa índole que se dean no termo municipal, “coa posibilidade de integralos de maneira doada nas nosas axendas persoais dixitais”, informou o Concello, engadindo que tamén se presentan os datos meteorolóxicos da xornada vixente, directorios telefónicos, enderezos e localizacións de servizos, corpos de seguridade e de saúde, horarios de autobuses, obituarios e mesmamente as farmacias e servizos de garda. A ferramenta está dispoñíbel para Android e, en breve, para sistemas iOS. Está financiada na súa integridade pola Deputación da Coruña.

Imaxes da aplicación para Android

PUBLICIDADE