Organizan unha xornada sobre tecnoloxías de Google e o emprendemento en Vigo

mércores, 29 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Mañá ás 19:00 horas vai ter lugar non Club Financeiro de Vigo un interesante evento que baixo o título de Google al descubierto. Cómo acelerar startups quere servir para a inspiración e o intercambio de ideas ao redor do emprendemento tecnolóxico, á vez que descubrirá ferramentas que Google achega para facer máis doado o día a día das empresas de nova creación.
Este encontro vai comezar coa presentación de Google for Entrepreneurs (Launchpad and Google Campus Madrid), a iniciativa de pre-incubación de recente creación da que dará conta Andrés Leonardo Martínez Ortiz, a quen seguirá Sugata Jain cun relatorio sobre Startups made in Spain.
Andrés Leonardo Martínez tamén impartirá un relatorio sobre estratexias de financiamento á hora de montar unha compañía e o encontro concluirá cun coloquio no que se exporán as conclusións das distintas charlas e contarase coa participación do público asistente.

PUBLICIDADE