Os Assassin’s Creed de Ezio Auditore chegarán ás consolas da actual xeración en novembro

mércores, 14 de setembro do 2016 Marcus Fernández

A franquía de Assassin’s Creed está a prepararse para, sen estrear xogo este ano, poder tirar proveito dunha película de acción real o 23 de decembro, de aí que Ubisoft anuncie o lanzamento o vindeiro 17 de novembro da Ezio Collection, unha recompilación dos xogos protagonizados por Ezio Auditores a Firenze, o Assassin do Renacemento Italiano.
Deste xeito os usuarios de PlayStation 4 e Xbox One poderán xogar a versións remasterizadas de Assassin’s Creed 2, Assassin’s Creed: La Hermandad e Assassin’s Creed: Revelations, que tamén foron os xogos de maior éxito de toda a franquía e os ambientados cunha ambientación máis afín á do filme protagonizado por Michael Fassbender.
Estes tres clásicos permite revivir as aventuras de Ezio, dende a súa mocidade até cando se convirte no líder da irmandade de Assassins, podéndose gozar agora dos xogos en Full HD a 30 imaxes por segundo, e contando tamén con todos os contidos descargables que recibiron os xogos orixinais tras o seu lanzamento, todo por un prezo oficial de 49,99 euros, que resulta bastante popular para a xente que non gozara destas aventuras no seu día e desexe embarcarse nesta cativadora historia.
Os máis fieis seareiros da franquía poderían estar interesados en facerse a través da Uplay Shop a un prezo de 79,99 euros coa edición para coleccionistas da Ezio Collection, que aparte do xogo incluirá tamén un busto de Ezio Auditore, tres litografías e unha selección de 40 temas da banda sonora orixinal dos xogos.

A edición para coleccionistas desta recompilación é bastante completa

Tráiler da Ezio Collection

PUBLICIDADE