Os Piratas crean unha web para favorecer o reencontro de fillos roubados
venres, 9 de maio do 2014
- Os Piratas cataláns nunha xuntanza recente
O
roubo de bebés por motivos ideolóxicos (máis de 30.000
desaparecidos durante a Guerra Civil e a posguerra), foi unha
práctica sistemática levada a cabo por persoas afÃns ao réxime
franquista, con motivo de arrebatar fillos a militantes de esquerdas
e a nais solteiras para entregarllos a familias a prol do réxime.
Perante esta situación -e vendo que ningún partido polÃtico nin o
goberno facÃan nada para solucionar isto- a chamada Confederación
Pirata vén de lanzar unha campaña sobre o roubo de nenos
durante o franquismo co gallo de facer realidade o reencontro destas
familias afastadas ao longo de moitos anos.
E
quen está detrás desta Confederación Pirata? Pois está
unha unión de partidos polÃticos independentes cuxo fin é realizar
proxecto conxuntos e promover o Movemento Pirata Internacional dende
o eido do Estado español. A dÃa de hoxe a Confederación Pirata
está conformada por varios partidos espallados pola PenÃnsula,
entre eles os Piratas de
Galicia.
A
Confederación Pirata enviará información sobre a posibilidade de
que un cidadán sexa un neno roubado na súa propaganda electoral,
poñendo a disposición de toda a cidadanÃa a web-taboleiro
QuienSoy.org,
na
que se poden consultar os diferentes casos de desaparecidos por data
de nacemento, provincia e hospital ou centro de acollida, xunto cunha
listaxe dos hospitais implicados en máis desaparicións. Engadir que
os datos dos desaparecidos foron achegados por ANADIR e Fundación
Adoptados, entidades que asesoraron á Confederación Pirata en
referencia ao contido da carta a enviar aos potenciais afectados, e
que xestionarán os diferentes reencontros de cara a efectualos do
xeito máis respectuoso e menos traumático posÃbel. Emporiso, os
gastos da iniciativa de bebés roubados encádranse nos fondos de
campaña da Confederación Pirata, para os xa se atopa aberto un
crowdfunding no
que se pode colaborar. Na páxina web do proxecto os detalles sobre a
maneira de realizar doazóns á Confederación Pirata e o orzamento
da iniciativa. Tamén son posÃbeis outros xeitos de colaboración
como a difusión da campaña ou a procura e ampliación de
información sobre os casos de bebés desaparecidos.