Os Premios UUPRIZE recoñecen ás emprendedoras galegas Pilar Vila e Yaiza Canosa
venres, 8 de novembro do 2024
A W Startup Community decidiu recoñecer nos Premios UUPRIZE 2024 a innovación e o liderado no emprendemento feminino de tres emprendedoras galegas que destacaron nos seus respectivos ámbitos entre as que cómpre destacar na categorÃa de Ciberseguridade e Blockchain a figura de Pilar Vila (Forensic Security), todo un referente en seguridade dixital e vogal do CPEIG; e na categorÃa de Liderado Innovador a Yaiza Canosa, fundadora de GOI, plataforma de loxÃstica e transporte pioneira, que está a xogar un rol clave para a transformación dixital.
Dende o CPEIG salientan que este galardón axuda a dar visibilidade e a consolidar o talento galego no sector tecnolóxico e de ciberseguridade, representando nesta ocasión en Pilar Vila.
Cómpre lembrar que a W Startup Community ten previsto celebrar entre os dÃas 6 e 7 de febreiro na ReitorÃa da Universidade da Coruña a novena edición do encontro Inspiring Women Leaders in the Digital Era.