Os auriculares Xiaomi Piston chegan á súa terceira xeración
venres, 27 de marzo do 2015
Para os que non se conforman cos auriculares que inclúen os
seus teléfonos móbiles levan un tempo tendo moi boa acollida os Xiaomi Piston,
por ofrecer unha magnÃfica relación calidade-prezo dentro desta gama de
dispositivos, e estes atractivos auriculares están
a estrear a súa versión 3.0 saÃndo á venda en China a un prezo de só 99
iuans (14,72 euros), polo que é de agardar que pronto cheguen a distribuidores
internacionais a prezos que continúen a ser bastante atractivos.
Os auriculares Xiaomi Piston de terceira
xeración achegan un son mellorado, un deseño máis perfilado, un cable de kevlar
estruturado para evitar enredos, un cabezal flexible para que se adapte ben á
orella (inclúe 3 recambios para cada auricular) e incluso detalles como un
efecto de aluminio cepillado que en suma permÃtenlles compararse con produtos
de fabricantes de primeira liña, pero mantendo un prezo moi contido, que o
converten no accesorio ideal para os que buscan un bo son no móbil sen ter que
realizar un grande investimento.
- Os auriculares inclúen cabezais flexibles de recambio