Os medios españois poderían ter perdido entre un 10 e un 15% do seu tráfico entrante polo peche de Google Noticias

martes, 16 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A poucas horas do peche de Google Noticias en España, e facendo uso do servizo de analítica web Chartbeat, podemos ver como a caída de tráfico das páxinas web dos principais medios afectados pola decisión do buscador de pechar a sección de novas como medida preventiva á reforma da Lei de Propiedade Intelectual (LPI) parece bastante significativa.
En Chartbeat só analizan os datos de 50 dos medios afectados, pero parece máis que suficiente para poder apreciar unha importante caída de tráfico web entrante con respecto á semana pasada, podendo estimarse que a perda de tráfico estaría entre o 10 e o 15%.
Dende Chartbeat aseguran que o tráfico xeral dos medios españois non caeu demasiado, pero si notouse dende o punto de vista da captación de visitas externas, dando a impresión de que os usuarios están a acudir directamente aos medios españois que coñecen en vez de chegar a eles a través de Google Noticias.
Aínda que o impacto do peche de Google Noticias non sexa moi dramático, a nivel de imaxe internacional si está a proxectar unha sobra sobre España, de aí que dende o Goberno suxiran que estudiarán a aplicación da nova LPI para poder modificar lixeiramente o texto no pasado para poder evitar medidas drásticas como a adoptada por Google.

PUBLICIDADE