Os nosos profesionais da Medicina xa contan cun manual de consulta electrónico

xoves, 18 de decembro do 2014 Redacción

Un dos atrancos cotiáns de calquera médico é ter que consultar en calquera intre dúbidas xurdidas sobre un diagnóstico ou remedio para o mesmo e facelo sen demorar tempo. O feito de ter que carrexar co volume en cuestión ou a perda de axilidade de ter que desprazarse para consultar o libro foi o punto de partida da idea xurdida no hospital de Ourense. Estamos a falar do Libro do peto, un manual Diagnóstico e tratamento en medicina hospitalaria: Enfoque práctico, achegado nun formato accesíbel grazas ao estudo Ailalelo.
Máis polo miúdo: existe a versión web en librodopeto.com, que se pode visitar co computador ou co móbil, unha web doada no manexo. E, pola outra banda, unha aplicación para Android, para eses intres nos que non se conta con conexión a Internet, neste caso podemos gozar offline do manual completo no móbil ou tableta. Cómpre subliñar que tanto o acceso á web coma a aplicación son totalmente de balde.

PUBLICIDADE