Os personaxes de Final Fantasy XIII-2 vestirán roupa de Prada para unha revista masculina

luns, 9 de abril do 2012 Marcus Fernández

Lightning viste de Prada para unha revista de moda masculina

O vindeiro xoves a revista de moda masculina Arena Homme+ vai incluír unha reportaxe de 12 páxinas na que aparecerán varios personaxes do videoxogo Final Fantasy XIII-2 vestindo roupa da colección de primavera de Prada, iniciativa dentro do 25º aniversario da franquía de Square Enix, compañía que se encargou do deseño gráfico destas imaxes tan curiosas, nas que Lightning, Noel, Hope e Sazh serán algúns dos personaxes que vestirán virtualmente roupa de Prada.
Esta curiosa proposta foi iniciativa de Arena Homme+ e non de Prada, decidindo a publicación que para amosar a nova colección de primavera decidiu optar por modelos virtuais, o que claramente parece unha boa decisión se atendemos ás repercusións que está a ter esta reportaxe gráfica.

Algúns dos personaxes de Final Fantasy XIII-2 (Hope, Lightning e Noel) que aparecerán vestidos de Prada en Arena Homme+

PUBLICIDADE