Os vÃdeos pausados en YouTube poderÃan amosar publicidade lateral
mércores, 11 de setembro do 2024
Nos últimos anos YouTube incrementou considerablemente a súa carga publicitaria, especialmente en televisores, experimentando os lÃmites que aturaban os usuarios, de xeito que foron establecéndose cortes con varios anuncios seguidos e tamén anuncios breves que non poden saltarse, e a todos estes formatos incorporarÃase agora unha no opción: publicidade cando se pulsa a pausa durante a reprodución dun vÃdeo.
Polo que están a desvelar usuarios, no momento de premer a pausa nun vÃdeo, a imaxe reducirÃa o seu tamaño para deixar lugar a anuncios propios de laterais de páxinas web, en vez de formatos de vÃdeo a tamaño completo.
Enténdese que polo momento este tipo de publicidade está unicamente en proba nos EE.UU., pero parece bastante probable que vaia espallarse globalmente, xa que falamos dun formato que non resulta especialmente intrusivo, aÃnda que si rechamante por estarmos ante un tipo de anuncio inédito na plataforma de vÃdeo de Google.