Os videoxogos estarán presentes na zona de lecer de FEMAGA

martes, 1 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Entre os días 4 e 8 de decembro de 11:00 a 21:00 horas desenvolverase a XXII Feira dos Autónomos de Galicia (FEMAGA) no recinto de ExpoCoruña, evento que, aparte da súa tradicional Feira de Mostras contará, tras o éxito do ano pasado, cunha zona de lecer na que ofreceranse concertos, exposicións e incluso actividades relativas ao mundo dos videoxogos, como son un mercadiño, torneos e incluso a posibilidade de botar partidas libremente a varias consolas clásicas que estarán dispoñibles durante os días que dure a feira.
A Asociación Mangalego organizará partidas libres de videoxogos o venres e o luns, celebrará un torneo de Mario Kart para Wii U o venres pola tarde, un torneo de Super Smash Bros. para Wii U o domingo pola mañá e pola tarde e un torneo de J-Stars Victory VS para PlayStation 3 o martes (previa inscrición).
Os afeccionados ás consolas clásicas, aparte de poder botar unha partida a algunha das consolas dispoñibles na zona de lecer, tamén poderán visitar unha das exposición de xogos da Nintendo Entertainment System (NES) máis completas que existen, presente por primeira vez en Galicia.
As persoas que queiran acceder de balde a FEMAGA durante os días que dura o evento poden imprimir a seguinte invitación:

PUBLICIDADE