Os voluntarios dixitais poderán formarse a semana que vén nas vantaxes do micromecenado

mércores, 19 de xuño do 2013 Redacción

Susana García Noguero explicará o funcionamento de Goteo.org

Continuando co plan de formación para o Voluntariado Dixital, os vindeiros días 27 e 28 de xuño de 16:00 a 20:00 horas terá lugar o cuarto módulo desta actividade didáctica na que poden participar todos interesados que o desexe tras inscribirse a través da páxina web da iniciativa promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, e que poderá seguirse de xeito presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela e de xeito remoto a través de vídeo conferencia dende as aulas da Rede CeMIT en Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Este módulo está centrado nos proxectos de micromecenado.
Na xornada do xoves daranse a coñecer un par de plataformas de crowdfunding: Goteo e Agora + que nunca. Susana García Noguero, directora de Xestión Estratéxica de Goteo.org e presidenta da Fundación Fuentes Abiertas falará da súa plataforma para co financiar e colaborar con proxecto innovadora; mentres que Sandra López Salmonte, responsable de Proximidade Local de Cruz Vermella Galicia, amosará a plataforma empregada pola súa entidade para axudar ás persoas apoiándose nas TIC e nas redes sociais.
Na xornada do venres será Juame Albaigès, consultor TIC para organizacións non lucrativas e autor do blog TecnolONGia, que comentar o financiamento mediante micromecenado nas organizacións sen arela de lucro; e Pablo Nimo Liboreiro, con experiencia no desenvolvemento de proxectos audiovisuais colectivos, comentará casos prácticos de crowdfunding no ámbito cultural, como o Proxecto Falta Fai!.

PUBLICIDADE