Own the way presentará en Culturgal as súas audioguías para museos con investimento cero
xoves, 29 de novembro do 2012
Own
the way, empresa especializada no desenvolvemento de solucións
tecnolóxico audiovisuais para proporcionar información a visitantes
de espazos turísticos ou culturais, vén
poñer no mercado un servizo de audioguías low
cost, dirixido sobre
todo a museos. Estas
achegas, que van ser a amosadas en detalle na feira Culturgal
de Pontevedra que comeza este venres, encamíñanse a permitirlles
aos ditos espazos de exposición dispor dun servizo
de audioguías multilíngüe “sen
ningún tipo de investimento inicial para o museo”.
A fórmula, informa a empresa galega, é
sinxela: Own the way proporciónalle ao museo a tecnoloxía, as audio
descricións, folletos, reprodutores e bases de carga. A cambio, e
por un miúdo incremento do prezo da entrada (recoméndase un
incremento entre 0,50 céntimos de euro e un euro), o museo poderá
ofrecer este servizo a todo os seus visitantes.
As vantaxes para a museo son claras,
informa Own the way. Por unha banda, melloran substancialmente a
atención ao visitante, dánlle cobertura a moitos visitantes
internacionais para os que doutro xeito non dispón de recursos para
atender; incrementan os seus servizos cun investimento practicamente
nulo, etc. Asemade, o visitante, pola súa banda, recibirá coa
entrada unha audioguía e un folleto explicativo que contribúe a
incrementar o coñecemento adquirido, “mais sobre todo, a
mellorar a experiencia da visita”, engade a firma galega.
Own the way busca con este servizo facilitar o acceso á
tecnoloxía audiovisual a museos, principalmente ós de pequena
envergadura. “Nestes momentos nos que os recortes orzamentarios
afectan de forma moi directa ao mundo da cultura, Own the way ideou
un sistema baseado na filosofía win - to win, mediante o que Own the
way realiza o investimento inicial que o museo amortiza en función
dos visitantes que vai tendo, tras unha análise previa do número de
visitantes a definición dun plan de amortización co museo”,
explican. Neste sentido, o servizo OTW LOW COST, así se fai chamar,
“racha de plano cos sistemas de audioguías tradicionalmente
ofertados a museos, que requiren dun investimento moi elevado debido
á complexidade dos aparatos empregados”.
Por certo que
OTW LOW COST, xunto co resto dos
proxectos nos que Own the way está a traballar, poderán coñecerse
de primeira man esta fin de semana na Feira das Industrias Culturais
– Culturgal,
que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde a
empresa terá stand
de seu.