Pebble ábrese ás notificacións de Android Wear

martes, 16 de decembro do 2014 Marcus Fernández

O Pebble é o primeiro smartwatch de certo éxito grazas á expectación creada pola súa campaña de micromecenado e por ser un dos poucos dispositivos deste tipo que é multi-plataforma, e agora está a integrar novidades moi interesantes para os usuarios de Android, pois a versión 2.3 da súa aplicación permite que o Pebble poida responder e operar con notificacións de Android Wear dende o reloxo. De feito, sorprende que este reloxo conectado xenérico sexa capaz de facer cousas coa tecnoloxía Android Wear que os dispositivos oficiais non conseguen.
Estas novas funcionalidades funcionan directamente coas accións integradas nas aplicacións de Wear, de xeito o que funciona con Android Wear tamén funcionaría con Pebble, o que é un bo exemplo das vantaxes que ten o desenvolvemento dun produto tan aberto como este.
Entre as novidades da versión 2.3.0 da aplicación de Pebble para Android tamén figuran a actualización automática de aplicacións e watchfaces instaladas no reloxo e o soporte de dispositivos con Android a partires da versión 4.0 (en vez de comezar en 4.3 como a versión anterior). O anuncio de todas estas prestacións poden ser un bo incentivo para adquirir un Pebble durante a campaña de Nadal.


Demostración na que modemos ver como se responde cunha emoticona a unha mensaxe de Hangout

PUBLICIDADE