Periscope proba a gravación indefinida das retransmisións en directo

xoves, 5 de maio do 2016 Marcus Fernández

A guerra por facerse co dominio do vídeo en directo dende o móbil vai collendo intensidade, e pese a que Periscope conseguiu gañar a batalla a Meerkat, agora ten que reaccionar rapidamente ante a emerxencia de Facebook Live, que promete converterse en todo un xigante do vídeo (que posiblemente sexa máis rival de YouTube que de Periscope), de aí que agora vexamos como se inician as probas para facer que as retransmisións de Periscope non se eliminen despois de 24 horas, perdendo así unha das súas principais características iniciais.
Os usuarios que queiran realizar unha retransmisión e conservala para a posteridade, xa non terán que capturala e despois subila a YouTube (como fan moitos usuarios de Periscope actualmente) senón que chegará con que no título da retransmisión empreguen o cancelo #save, o que claramente é un mecanismo provisorio, que precedería á incorporación desta funcionalidade como unha opción integrada na aplicación de retransmisión de vídeo. De feito, esta funcionalidade está en beta, polo que podería non operar axeitadamente).

PUBLICIDADE