Persona 4: Arena Ultimax comercializarse en Europa a partires de novembro

venres, 19 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Algunhas sagas de videoxogos teñen certa resistencia a internacionalizarse, pero de cando en vez sorprenden chegando ao noso territorio, como será o caso de Persona 4: Arena Ultimax, que o vindeiro día 30 porase á venda para PlayStation 3 e Xbox 360 nos EE.UU., e finalmente tamén o teremos en Europa, aínda que tendo que agardar ao mes de novembro.
Este xogo de loita en dúas dimensións de Atlus e Ark System Works ampliará o popular Persona 4 Arena con novos personaxes como Junepi Iori, Yukari Takeba, Rise Kujikawa e outros, contando algúns personaxes tamén cunha versión sombra que mudará o seu estilo de loita.
Persona 4: Arena Ultimax poderá adquirise tanto en formato descargable como en soporte físico.


Vídeo promocional de Persona 4: Arena Ultimax

PUBLICIDADE