PlayStation Plus será de balde a vindeira fin de semana

martes, 21 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 4 que non están subscritos a PlayStation Plus non poden gozar do xogo en liña na meirande parte dos xogos, e para que poidan probar a experiencia para ver se lles compensar o servizo, a vindeira fin de semana poderán gozar dos modos multi-xogador en liña dos seus xogos totalmente de balde.
A promoción desenvolverase a partires do 24 de xuño ás 11:00 horas até o 27 de xuño ás 11:00 horas, e converterase nunha oportunidade magnífica para botar uns tiros no DOOM ou en Uncharted 4 cos amigos, botar unha pachanga no Pro Evolution Soccer e, en definitiva, facer que a PlayStation 4 non sexa un sistema no que xogar illado durante toda unha fin de semana.
Amais, dende Sony lembran que PlayStation Plus non só abre o xogo en liña, senón que tamén achega 24 xogos ao ano sen custo adicional, descontos exclusivos e 10 GB de almacenamento na nube.

PUBLICIDADE