Presentan en Madrid a ferramenta en liña para a referenciación no contrato do prezo do leite Xacobea

mércores, 25 de novembro do 2015 Redacción

A directora xeral Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, asistiu hoxe en Madrid á Xornada sobre custes e marxes de produción no sector vacún de leite, organizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), xornada na que presentáronse distintos índices que existen actualmente para a referenciación do prezo do leite de vacún, cando as partes contratantes acorden que sexa variable, e que aproveitou o persoal técnico do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) para presentar a ferramenta informática Xacobea que a Consellería do Medio Rural pon a disposición do sector lácteo de vacún.
Xacobea pode empregarse polas partes asinantes dos contratos lácteos de vacún cando decidan que o prezo a pagar se calcule tendo en conta a evolución actual dos prezos dos produtos lácteos industriais (commodities) no mercado, ofrecendo a posibilidade de compensar simultaneamente en función da evolución dos custos de produción.
Todos os parámetros desta ferramenta informática Xacobea son libremente configurables, para que as partes negociadoras decidan o peso que se lle dá a cada un deles. A ferramenta proporciona, en función dos parámetros seleccionados, un índice á carta ao que referenciarse á hora de establecer un prezo do leite no contrato a asinar.

Xacobea é unha ferramenta dispoñible vía web

PUBLICIDADE