Profesorado da UDC traballa nunha plataforma educativa para fomentar a I+D en Europa
martes, 29 de outubro do 2024
Profesorado do Campus de Ferrol da UDC traballa nun proxecto que dará forma a unha revolucionaria plataforma de formación en Europa: unha ferramenta educativa que fomentará a aprendizaxe baseada na investigación botando man de algoritmos de aprendizaxe automática e da Intelixencia Artificial. Estes recursos tecnoloxÃas permitirán ao alumnado e á comunidade investigadora atopar as publicacións, os libros ou os artigos cientÃficos máis axeitados en función da temática que se estea a estudar.
Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Research based teaching for life-long LEARNing (RELEARN) que lidera, en representación da Universidade da Coruña, a profesora da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza Fernández.
A empresa sueca de servizos dixitais de apoio ás actividades de investigación e educación Research Unfolded Sweden AB coordina este proxecto de innovación docente no que tamén participan a Josip Juraj Strossmayer University of Osijek (Croacia), a Sapienza Università di Roma (Italia), a University West (SuÃza), a Universidade da Coruña (España) e a empresa de programación informática RUn IT (Bosnia e Herzegovina).
O mércores 13 de novembro, a sala de conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acollerá unha sesión de traballo en liña entre todos os socios na que profesorado universitario, alumnado de distintos niveis educativos e estudantes de programas de doutoramento presentará os avances desta iniciativa de innovación docente e testeará esta plataforma para propoñer posÃbeis melloras e abrila ao conxunto da sociedade.
O proxecto conta cun orzamento total de 251.350 euros. A Universidade da Coruña dispón de 36.570 euros para levar a súa parte do proxecto grazas ao traballo do profesorado da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas do Campus da Coruña asà como de alumnado do programa de doutoramento en EnxeñarÃa Naval e Industrial.