Publican a relación de finalistas do Festival Social Media de Galicia

martes, 21 de maio do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro 2 de xuño Bueu acollerá a segunda edición do Festival Social Media de Galicia coñecido como MexilOnseTuits, que ten como eixe principal unha entrega de premios en distintas categorías ás que concorreron numerosos proxectos (máis dun cento) que serven de testemuño do activo que está o sector das redes sociais e a Internet na nosa comunidade. Unha vez avaliadas as propostas por parte dun xurado profesional e da organización do Festival están en disposición de dar a coñecer os finalistas das distintas categorías, de xeito que haberá que agardar á celebración desta festa sectorial no Morrazo dentro de menos de dúas semanas. A relación de finalistas quedaría como segue:
- Mellor Axencia: Nasas Social & Media, Tuapli e Elogia
- Mellor Campaña en Medios Sociais: Xente con Vida, Sabores de Ourense e Algo está pasando en Mercedes Benz
- Mellor Blog de Moda: Fashion Low Cost, Alice Madness e María Montesinos
- Mellor Blog Gastronómico: Uno de Dos, La Cocina de la Lechuza e O Bandullo
- Mellor Blog Turístico: Chavetas, Equipaxe de Man e Vivir Galicia
- Mellor Blog Informativo/Cultural: Enxebre Markets, Vigo Low Cost e Briefing Galego
- Mellor Blog Tecnolóxico: Galiloxía, Mallando no Android e Marketing For E-Commerce
- Mellor Vídeo Viral: The Body Of The Lito & Manuel Manquiña Video Promo, Wanted Selección – Be Happy At Work e Rías Baixas Style.

PUBLICIDADE