PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Publican un informe sobre a situación da muller no sector galego das TIC

martes 9 de setembro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 50.9 KB
Luz Castro e Beatriz Legerén lideran a directiva de EGANET

O Observatorio Galego da Sociedade da Información publica na súa páxina web un estudo (descargable en formato PDF) realizado por un equipo de expertas da Asociación de Empresas Galega Adicadas a Interent (EGANET) sobre o papel da muller no sector galego das TIC e a súa problemática sociolaboral baixo o título As mulleres na Empresa TIC.

PDF - 616.6 KB
Informe As Mulleres na Empresa TIC

Para o informe empregáronse datos fornecidos polo OGSI e levouse a cabo un estudo cualitativo da situación tendo en conta a percepción das mulleres a través da realización de entrevistas e foros de discusión.
Segundo os datos no estudo, a presenza feminina nas empresas TIC é de apenas a cuarta parte do cadro de persoal, o que se fai aínda máis acusado nos cargos directivo e técnicos, quedando as mulleres relegadas a labores administrativas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS