Quince IES da provincia da Coruña participan na VI Ciberliga Nacional de Retos no Ciberespazo

luns, 11 de novembro do 2024 S. P.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou esta mañá no IES Isaac Díaz Pardo de Sada na presentación da sexta convocatoria da Ciberliga Nacional de Retos no Ciberespazo que organiza a Garda Civil, e que contou coa participación do alumnado de 4º da ESO, destinatarios da modalidade pre-amateur creada o ano pasado. Segundo informou, serán 15 os centros educativos da provincia da Coruña os participantes nesta iniciativa e poderán inscribir aos seus equipos ata o 22 de novembro.
Os equipos estarán compostos preferentemente por 4 estudantes, que disputarán a fase clasificatoria en Galicia entre o 25 o 29 de novembro nos propios centros educativos. Os institutos clasificados disputarán a final no Centro Universitario da Garda Civil de Aranxuez no mes de marzo de 2025.
A subdelegada indicou que con esta competición, a Garda Civil pretende “concienciar á mocidade sobre o uso seguro e responsábel das novas tecnoloxías, así como potenciar o coñecemento e premiar o talento no ámbito da ciberseguridade”.
O alumnado participante terá que enfrontarse, e tratar de resolver, unha serie de ciber-desafíos que simulan situacións reais que poden atoparse cando navegan por Internet. E para superalos deberán empregar todas as súas habilidades, traballando en equipo e pondo en práctica os ensinos recibidos, especialmente na acción formativa que se desenvolve de maneira previa á competición.
Durante a súa intervención, María Rivas sinalou que “a ciberseguridade constrúese e debe mellorarse día a día”, esta é a única maneira de enfrontar as novas ameazas que van xurdindo. Lembrou que “a ciberdelincuencia non é algo que lle pasa aos demais. Todas e todos estamos en risco. Por tal motivo é fundamental formarse xa que canto máis preparados e preparadas estamos, mellor podemos autoprotexernos á vez que contribuímos a crear unha Internet máis segura”.
Finalmente felicitou a todos os centros educativos e ao alumnado de 4º da ESO que participa na National Cyber League da Garda Civil. Esta foi creada en 2019 co obxectivo de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da protección tecnolóxica mediante a formación da cidadanía nesta materia. Este programa experimentou unha evolución paulatina chegando ao momento actual no que se estrutura en tres modalidades: Amateur dirixida ao alumnado universitario e de Formación Profesional; Profesional dirixida a axencias policiais e do ámbito da defensa así como empresas do sector privado. E finalmente, a modalidade Pre-Amateur que se presentou este 11 de novembro provincia da Coruña.
A quinta edición (ano 2023) aplicou a modalidade pre-amateur, para alumnos de 4º curso da ESO, cun proxecto piloto na Comunidade Autónomas de Galicia, Castela a Mancha e Madrid na que participaron preto de 4.000 alumnas e alumnos de 4º da ESO.
No caso de la provincia de A Coruña, los centros participantes son: IES David Buján de Cambre, IES Maximino Romero de Lema de Zas, CPR Plurilingüe Valle-Inclán 1 de Ferrol, IES Isaac Díaz Pardo de Sada, IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario de Arzúa, IES Camilo José Cela de Padrón, CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro, IES Francisco Aguilar de Betanzos, IES Moncho Valcarce de As Pontes, IES As Telleiras de Narón, IES Alfredo Brañas de Carballo, CPI Plurilingüe dos Dices de Rois e EFA Fonteboa de Coristanco.