Quora abre ao público a súa versión en español

xoves, 20 de outubro do 2016 Marcus Fernández

O servizo social de preguntas e respostas Quora, no que os usuarios poden comentar a valorar as respostas, leva más de 6 anos converténdose en todo un fenómeno que tiña como principal atranco o lingüístico, de xeito que incluso chegou a haber unha forte polémica despois de que os responsables do servizo rexeitasen os contidos noutras linguas (cando a plataforma podería ser independente do idioma dos seus contidos, como acontece na meirande parte das plataformas sociais), pero agora van camiño de abrirse algo máis, a tras varios meses en probas abriron onte Quora en España a todo o mundo, de xeito que calquera pode acudir a esta páxina web para obter información de calidade sobre os temas que lle interese e incluso propor cuestións sobre as que abrir o debate.
A misión de Quora é compartir e ampliar o coñecemento do mundo, estando o proxecto en constante crecemento e contando actualmente con máis de 100 millóns de usuarios únicos ao mes, volume que podería incrementarse considerablemente ao abrir ao hispanofalantes que teñen así un novo lugar para discutir sobre temas de actualidade, reflexionar sobre temas de interese ou incluso realizar recomendacións sobre produtos e servizos.

En Quora podemos expor cuestións e votar as respostas máis valiosas para que os comentarios resulten de maior utilidade

PUBLICIDADE