Radiohead agóchase na Rede

martes, 3 de maio do 2016 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana a formación musical Radiohead eliminou a súa presenza na Rede, de xeito que a súa páxina web pasou a estar completamente en branco e os seus chíos en Twitter e as súas anotacións en Facebook tamén forno desaparecendo, pasando tamén as súas fotografías de perfil en branco, o que parece un curioso xeito de chamar a atención de cara ao seu novo lanzamento, do que hai poucas horas publicaron un orixinal adianto en Instagram, cun breve vídeo dun paxaro cantando, o que podería ser un fragmento do primeiro vídeo musical do seu vindeiro álbum de estudio.
Radiohead tamén fixera unha orixinal campaña na Rede para lanzar os seus anteriores discos, e dado que está previsto que este mesmo mes inicien unha nova xira mundial todo apunta a unha nova estratexia promocional que está a conseguir bastante impacto nas redes sociais (co seu conseguinte eco en medios tradicionais).

ACTUALIZACÍÓN: Finalmente Radiohead publicou o vídeo musical de Burn The Witch:


Tema dispoñible para a súa compra en iTunes e que tamén pode escoitarse a través de Spotify e Apple Music.

PUBLICIDADE