Rhythm Paradise Megamix para Nintendo 3DS chega ás tendas

venres, 21 de outubro do 2016 Marcus Fernández

O pasado setembro Nintendo confirmara que hoxe sería a data de chegada a tendas físicas e a eShop de Rhythm Paradise Megamix, título que recupera os xogos da franquía Rhythm Paradise para Game Boy, Nintendo DS e Wii, e dálles unha nova vida. Incorpora un total de 70 mini-xogos, dos que unha boa mostra estaba inéditos en Europa, e tamén permitirase que o xogador elixa entre a banda sonora europea ou a orixinal xaponesa, polo que calquera incondicional da saga estaría satisfeito con este título que promete ser o Rhythm Paradise definitivo.
Para celebrar o lanzamento deste prometedor xogo publicaron o seu tráiler de lanzamento, que permítenos facernos unha boa idea da orixinal proposta deste título:

PUBLICIDADE