Rubén Sánchez presenta un libro sobre como loitar contra as falsidades na Rede

luns, 11 de novembro do 2024 Marcus Fernández

O xornalista e secretario xeral de FACUA-Consumidores en Acción, Rubén Sánchez, visitará esta semana Galicia para promocionar o seu último libro, Bulos: Manual de combate, no que aborda a problemática das falsidades divulgadas a través da Internet e o xeito de enfrontarse a elas. A obra está dispoñible en formato dixital en Google Play, Apple Books e Amazon a un prezo de 8,49 euros, podendo tamén adquirirse en papel en librarías.
Este novo libro de Sánchez non está orientado a ter un espírito crítico para evitar a desinformación, senón que busca que as persoas que sexan vítimas das falsidades divulgadas a través da Internet poidan adoptar un rol activo para defenderse, información que chega da experiencia de Sánchez durante os últimos anos, onde se enfrontou a todo tipo de insultos, ameazas e denuncias falsas, que en máis de 20 ocasións remataron en sentenzas xudiciais contra políticos, empresarios e «pseudoxornalistas de estrema dereita».
A primeira cita galega de Rubén Sánchez será na Coruña este mércores ás 19:00 na Casa da Fariña, onde conversará con Antón Gómez Reino; continuando a xira en Santiago de Compostela o xoves ás 19:00 no Centro Sociocultural de Santa Marta, onde conversará co profesor Antón Losada.