Sae á venda Forza Horizon 3

martes, 27 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de condución teñen dende hoxe un novo título ao que chantar o dente, Forza Horizon 3, desenvolvido por Turn 10 e editado por Microsoft Studios dentro do programa Xbox Play Anywhere, ou sexa, que quen merque a edición dixital do xogo poderá gozar do mesmo tanto en Xbox One como nun PC con Windows 10.
Forza Horizon 3 arrástranos a Australia, territorio que poderemos explorar e no que contaremos con máis de 350 vehículos que poder participar no Festival Horizon, o que permitirá gozar de fermosas paisaxes que van dende canóns rochosos a bosques tropicais, converténdose nunha das producións máis atractivas esteticamente de Xbox One.
No xogo seremos o organizador do Festival Horizon, de xeito que podemos contratar os Drivatars dos nosos amigos (Forza Horizon 3 permite até 4 xogadores en modo cooperativo) para conseguir seareiros e espallar o festival, podendo incluso contar con estes condutores virtualmente cando os nosos amigos non estean en liña. O nivel de personalización do xogo tamén é moi elevado e o apartado musical tamén está coidado, contando con 8 emisoras de radio diferentes, aínda que tamén será posible escoitar durante as nosas partidas a música que teñamos almacenada en Groove Música.

O xogo convídanos a adentrarnos até nas selvas tropicais de Australia
Forza Horizon 3 conta con máis de 350 vehículos que manexar

Tráiler de lanzamento de Forza Horizon 3

PUBLICIDADE