Sae á venda NBA 2K17

venres, 16 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de baloncesto xa teñen por fin nas tendas o título máis agardado do ano, puntual á súa entrega anual, NBA 2K17, título de referencia que coa súa calidade conseguiu que 2K Games apartase a EA Sports do mercado co seu NBA LIVE, e que impresiona cada tempada polo realismo co que reflicte a liga de baloncesto máis importante do mundo.
Dende hoxe podemos mercar por 69,99 euros a versión para PlayStation 4 e Xbox One do xogo, que permite até 10 xogadores simultáneos en liña; mentres que as versións para Xbox 360 e PlayStation 3, moito máis modestas en todos os aspectos, véndense a 49,99 euros. Desta volta a edición para PC, tamén á venda por 49,99 euros, ve adiada a súa data de lanzamento dixital até o 20 de setembro.
A edición española do xogo ten na súa portada a Pau Gasol, lucindo as camisetas de 3 dos clubs polos que pasou na NBA (os Lakers, os Bulls e, actualmente, os San Antonio Spurs), mentres que a Edición Leyenda do xogo conta con Kobe Bryant como figura de portada como homenaxe á súa carreira.

O xogo preséntase cun grande realismo

PUBLICIDADE