Sae á venda Trials Evolution para PS4, Xbox One e Xbox 360
mércores, 16 de abril do 2014
Os seareiros dos xogos acrobáticos sobre dúas rodas como Trials Evolution están de parabéns, pois
hoxe sae oficialmente a nova iteración desta franquÃa, Trials Fusion, que pode adquirirse
xa para PlayStation 4, Xbox
One e Xbox
360 a un prezo de 19,99 euros, tendo que agardar os usuarios
de PC ata o vindeiro dÃa 24 para poder facerse con este tÃtulo.
Este xogo de RedLynx editado por Ubisoft volve con moita forza e diversión,
recuperando a xogabilidade propia da serie Trials
á que engaden avances gráficos e sociais para continuar a mellorar esta fórmula
de éxito. O xogo permite superar unha chea de retos de carreiras de plataformas
a través de pistas repletas de obstáculos e ramplas para procurar superar as
marcas dos mellores xogadores de Trials
de todo o mundo.
Trials Fusion conta tanto cun modo
Traxectoria para un xogador, como un frenético multi-xogador e a posibilidade de
participar nun torneo global e, para completar aÃnda máis as súas
posibilidades, aparte das pistas oficiais, inclúe un novo editor que permitirá
que deseñemos as nosas pistas.
VÃdeo promocional de Trials Fusion