Salgalicia.com: novo servizo para informarnos polo miúdo das actividades de lecer das cidades e do rural
martes, 4 de decembro do 2012
Temos nova plataforma de lecer posta en
marcha na nosa terra: Salgalicia.com.
O servizo dirÃxese a facilitarnos, cando o desexemos, a información
que decote atopamos, disgregada, en ducias de webs, revistas, xornais
e folletos sobre as actividades de ocio que se desenvolven na nosa
contorna. Ou sexa, que se encamiña a pór un pouco de orde en toda
esa marea de datos e, sobre todo, a darnos o que en base aos nosos
gustos e tendencias, máis nos pode interesar. O novo servizo, que se
pon en marcha con esta ponte da Constitución que xa vén enriba,
centraliza nun único foco informativo a oferta galega cultural e de
lecer, e todo isto, sinalan os seus responsábeis, sen deixar de lado
o que acontece nas nosas vilas e nos núcleos de poboación que non
soen aparecen nas grandes axendas.
A web, que agardamos inclúa en breve
unha versión en galego (cousa lóxica se o que se pretende é chegar
á meirande cantidade de xente e cubrir informativamente a cultura
dun paÃs cunha lingua de seu) abrangue seis grandes seccións:
lecer, gastronomÃa, benestar, escapadas, obradoiros e orixinais. A
intención dos creadores da páxina, amais do devandito, é
contribuÃr a que o público potencial das cidades coñeza o que se
fai no rural, e viceversa, co obxectivo de que todas e todos teñan
acceso, de primeira man, á ampla oferta cultural que temos na nosa
terra.
Salgalicia foi obxecto, recentemente,
da cualificación de Iniciativa Local de Emprego da Xunta, co que se
recoñece a vontade emprendedora e o carácter innovador das nosas
iniciativas de mercado.