Sanidade dixitalizará en 2009 os seus servizos de radioloxÃa
xoves, 15 de xaneiro do 2009
Algo tan sinxelo e familiar como un arquivo fÃsico de radiografÃas está a piques de formar parte do pasado. Polo menos, en determinados centros sanitarios galegos e en virtude da introdución das novas tecnoloxÃas favorecida pola ConsellerÃa de Sanidade, está a ser asÃ. Por exemplo: no Hospital da Costa, en Burela, onde a Xunta vén de informar do remate do proceso de dixitalización do seu servizo de radioloxÃa, o que evitará entre outras cousas o emprego fÃsico de radiografÃas, ecografÃas ou tomografÃas, amais de favorecer a accesibilidade e recuperación dos arquivos dende calquera centro sanitario.
O proxecto, que se vai estender ao longo deste ano que comeza nos ambulatorios de todo o paÃs, significará un novo paso nun proceso, o de dixitalización da sanidade, que en moitos aspectos ofrece vantaxes moi semellantes ás utilidades que a Administración Electrónica pon en xogo. AsÃ, ao igual que na dixitalización dos trámites convencionais, os pacientes veranse ceibos de carretar placas ou arquivos fÃsicos durante as súas visitas médicas, amais de vérense limitados á información albergada por un único centro sanitario.
En virtude deste proceso de dixitalización, as probas radiolóxicas poderanse arquivar e avaliar no computador e transmitilas a través das redes a outros departamentos. Como dixemos e segundo anunciou a conselleira de Sanidade, MarÃa Xosé Rubio Vidal, na súa visita a Burela, ao longo deste ano a informatización irase trasladando aos centros de saúde da zona, que manterán o contacto a través da rede co seu hospital de referencia. A gran finalidade da ConsellerÃa con estas medidas é mellorar as prestacións e reducir as listaxes de espera, proceso que irá acompañado da introdución de innovacións tecnolóxicas e do aumento de persoal.
Na imaxe, de AGN, a conselleira de Sanidade, MarÃa Xosé Rubio, durante a súa visita ao centro de Burela.